miércoles, 26 de febrero de 2014

15ª xornada: Albense - Sarria Fv (2-2)

Mal partido en Alba no que non logramos pasar do empate frente ao Sarria Fv a pesar de adiantarnos duas veces no marcador con goles de Kuki e Pablo.








 
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 20 de febrero de 2014

14ª xornada: Sancobade - Albense (0-2)

Cando empate a cero parecía irremediable, un gol de Kuki a falta de cinco minutos e outro de Suso no descontó deronnos os tres puntos ademáis do goal average frente a un rival directo para evitar o descenso de categoría.







 


Fotos: Moncho Vivero

jueves, 30 de enero de 2014

11ª xornada: Albense - Trasnos Fv

Despois de puntuar no campo do líder nova derrota na casa frente ao 3º clasificado, o Trasnos Fv, que comezóu ganando na primeira parte. Empataba Toni para o Albense a metade do segundo tempo pero volvía a marcar enseguida o Trasnos de penalti por medio de Sanmartín, para sentenciar definitivamente xa en tempo de desconto.
Árbitro: Kubala








Fotos: Moncho Vivero

jueves, 26 de diciembre de 2013

lunes, 23 de diciembre de 2013

9ª xornada: Albense - Parga (1-1)

Partido de rivalidade a tarde do sábado en Alba, que rematóu con reparto de puntos. Abría o marcador o Parga de penalti no minuto 45, para establecer Toni o definitivo empate a un mediada a segunda parte.
Árbitro: Eulogio








Fotos: Moncho Vivero

martes, 17 de diciembre de 2013

8ª xornada: Becerreá - Albense (3-5)

Tres puntos importantisimos os acadados en Becerreá, un dos campos máis difíciles da competición, nun partido de gran intensidade contra un equipo local que sempre lle imprime un alto ritmo aos partidos. Remataría a primeira parte coa vitoria do Becerreá por 3-2 despois de remontar un 2-0 adverso que logramos igualar no minuto 43 con dous goles consecutivos de Tomás e Toni, aínda que nos duróu pouco a alegría xa que no minuto 45 encaixabamos o terceiro que deixaba o marcador desfavorable para irnos ao descanso.
Xa na segunda parte a pouco de comezar marcaba Manolo Cabarcos o empate a tres ao rematar unha falta e sería Roberto pouco despois o que nos adiantaba no marcador ao executar a perfección un córner, transformando así un golazo olímpico; finalmente sentenciaba Pedro ao rematar unha falta sacada por Losada, deixando así o resultado final no definitivo 3-5.









Fotos: Moncho Vivero

martes, 3 de diciembre de 2013

7ª xornada: Albense - Illán (1-0)

Partido igualado contra o Illán no que o solitario gol de Emilio na primeira parte nos deu os tres puntos que nos permiten sair dos postos de descenso directo.
Árbitro: Eulogio









Fotos: Moncho Vivero